Unha entidade bancaria devolverá a un dos nosos clientes 80.250€ máis intereses de xuro
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18153
post-template-default,single,single-post,postid-18153,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Unha entidade bancaria devolverá a un dos nosos clientes 80.250€ máis intereses de xuro

Unha entidade bancaria devolverá a un dos nosos clientes 80.250€ máis intereses de xuro

SENTENZA DA SECCIÓN QUINTA DA AUDIENCIA PROVINCIAL DE A A CORUÑA, de 29 de xuño, acorda a devolución de 80.250 euros, máis xuros legais, a conta do prezo dunha vivenda sen finalizar por parte da entidade bancaria depositaria destas cantidades en aplicación da Lei 57/1968, de 27 de xuño, sobre percibo de cantidades anticipadas na construción e venda de vivendas.

O noso cliente comprou unha vivenda cunha promotora en 2006, vivenda pola que pagou a cantidade total de 80.250 euros en concepto de anticipo do prezo. Non se prestou por parte da entidade bancaria o aval que a lei esixía nestes casos.

A promoción das vivendas, entre as que se atopaban a adquirida polo noso cliente, non chegou a finalizarse por estar incursa a promotora en concurso de acreedores (a entrega da vivenda é imposible a futuro),  ademais de que sobre a vivenda pesaba unha carga hipotecaria coa entidade bancaria demandada.

En 2012 o noso cliente asina un documento privado polo que pasa a ocupar unha segunda vivenda da promotora  en réxime de arrendatario (sen pagar reda durante varios anos), pero sen ser propietario civil nin da vivenda adquirida nin desta segunda vivenda.

A sentenza de instancia desestima a demanda interposta, polo que presentamos recurso de apelación perante a Audiencia Provincial de A Coruña.

A Audiencia estima o noso recurso con imposición das custas de primeira instancia á entidade bancaria, manifestando que a responsabilidade da entidade bancaria ven determinada por non ter carácter de allea á compravenda, posto que a mesma debe saber que os compradores de viviendas están a ingresar en contas da propia entidade cantidades a conta do prezo da vivienda, funcionando polo tanto como depositaria destas cantidades. Menciona ademais a sentenza que a responsabilidade como depositante non depende de se os ingresos se realizan nunha conta especial ou do promotor, senón de que, por realizarse na mesma entidade bancaria, non poidan escapar do seu control. En definitiva, a entidade tivo que coñecer a existencia destes ingresos  a conta do prezo da vivenda, polo que debe responder civilmente da devolución do ingresado polo noso cliente (80.250 euros), máis os correspondentes xuros legais.