Se cres que unha residencia da terceira idade cometeu unha neglixencia segue estes pasos
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18142
post-template-default,single,single-post,postid-18142,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Se cres que unha residencia da terceira idade cometeu unha neglixencia segue estes pasos

Se cres que unha residencia da terceira idade cometeu unha neglixencia segue estes pasos

Información sobre asuntos relacionados con posible neglixencia ou incumprimento contractual en residencias da terceira idade.

A fin de poder estudar os casos de posible neglixencia ou incumprimento contractual en residencias da terceira idade, poñemos ao seu dispor un email (colectiva.residencias@gmail.com) ao que poden remitir a seguinte documentación do asunto.

A documentación da que é preciso dispor é a seguinte:

1.- En relación cos datos persoais:

  • Nome, teléfono de contacto e email do representante do residente afectado.
  • Copia do DNI do representante e do residente.
  • Copia do libro de familia que acredite o vínculo familiar entre representante e residente. De non existir vínculo familiar, copia da resolución xudicial que acredite a representación (normalmente será unha sentenza de incapacitación xudicial do residente que nomee a unha persoa próxima como titor/a).

2.- En relación cos feitos:

  • Relato fáctico dos feitos acontecidos dende o 15 de febreiro de 2020 (un documento no que se explique con todo o detalle posible a situación particular de cada residente).
  • Historial médico que obre en poder da residencia e que obre en poder do hospital de referencia (os historiais pódense solicitar directamente á residencia e ao hospital).
  • Documentación administrativa que facilitase a residencia, incluíndo o contrato de prestación de servizos (esta documentación pode solicitarse á propia residencia).
  • Reclamacións ou denuncias en vía administrativa presentadas por calquera medio, instancias oficiais, correo electrónico, cartas remitidas por vía postal, burofax, etc.
  • Comunicacións recibidas en resposta ás reclamacións ou calquera outra recibida con motivo da pandemia por COVID_19.
  • Testemuñas que poidan aportar datos relevantes sobre os feitos acontecidos (traballadores da residencia ou do SERGAS, etc.). Precisamos nome e apelidos, DNI no seu caso, e dirección postal para citalos, de ser posible.
  • No caso de que vostede e/ou o seu familiar tiveran acudido ao médico, psicólogo, ou psiquiatra, precisariamos dos informes médicos e plan farmacolóxico, no seu caso.

Lembramos que é importante que a documentación estea en formato PDF nun único arquivo.

Para calquera dúbida ou consulta sobre o tema, poden poñerse en contacto co despacho no telf.: 881 964 020