Xoán Antón Pérez Lema | O TRIBUNAL SUPREMO CONFIRMA QUE OS PACTOS SUCESORIOS DO DEREITO CIVIL DE GALICIA NON TRIBUTAN NO IRPF COMO GANANCIA PATRIMONIAL
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
17469
single,single-post,postid-17469,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive
 

O TRIBUNAL SUPREMO CONFIRMA QUE OS PACTOS SUCESORIOS DO DEREITO CIVIL DE GALICIA NON TRIBUTAN NO IRPF COMO GANANCIA PATRIMONIAL

EL-TRIBUNAL-SUPREMO-2

O TRIBUNAL SUPREMO CONFIRMA QUE OS PACTOS SUCESORIOS DO DEREITO CIVIL DE GALICIA NON TRIBUTAN NO IRPF COMO GANANCIA PATRIMONIAL

A Coruña, 10 de febreiro de 2015.

A Sentenza da Sala do Contencioso-Administrativo do Tribunal Supremo de 9 de febreiro de 2016 (recurso núm. 325/2015) desestima o recurso de casación en interese da lei interposto pola Administración Xeral do Estado, confirmando dese xeito a Sentenza do Tribunal Superior de Xustiza de Galicia que estimou o recurso interposto por este despacho, na representación dun contribuínte galego, considerando que os pactos sucesorios do Dereito Civil galego non tributan como ganancia patrimonial no IRPF.

O Tribunal Supremo aclara en sede de recurso de casación en interese da lei a controversia sobre a correcta tributación que debe aplicarse ás alteracións patrimoniais que se producen con motivo dos pactos sucesorios de apartamento regulados nos artigos 224 a 227 da Lei 2/2006, de 14 de xuño, de Dereito Civil de Galicia. O apartamento é un tipo de pacto sucesorio a través do cal é posible acordar a adxudicación en vida de bens da herdanza a quen no momento da celebración do pacto puidese ter a condición de herdeiro forzoso, a cambio de que este renuncie de xeito irrevogable a súa devandita condición.

A Axencia Tributaria e a o Tribunal Económico-Administrativo Rexional de Galicia sostiñan até de agora que os cambios patrimoniais que derivaban deste tipo de pactos sucesorios debían tributar do seguinte modo: (i) para o apartante que transmitía os bens en vida, como ganancia ou perda patrimonial no Imposto da Renda das Persoas Físicas; e (ii) para o herdeiro forzoso apartado, como adquisición de bens e dereitos por título sucesorio no Imposto de Sucesións.

O Tribunal Supremo desbota integramente os argumentos da Administración Xeral do Estado, confirmando a tese sostida por este despacho de que o apartamento do Dereito Civil galego é unha transmisión lucrativa por causa de morte do contribuínte que se encadra no artigo 33.3.b) da Lei do IRPF e que, polo tanto, non pode constituír unha ganancia ou perda patrimonial. Asemade, a Sentenza do Tribunal Supremo sinala que o feito de que o apartamento poida facilitar posibles fraudes fiscais “resulta un argumento axurídico e inútil para axudar á interpretación do art. 33.3.b), posto que en man dos responsables está a súa evitación, mediante os servizos de inspección ou mediante a reforma legal”.

Con esta Sentenza péchanse de xeito definitivo os conflitos tributarios xerados pola equivocada cualificación dos pactos sucesorios levada a cabo pola Administración Tributaria, cualificación que conducía aos contribuíntes galegos a unha indebida tributación das súas herdanzas no IRPF. Dende agora os cambios patrimoniais que derivan da adxudicación de bens dunha herdanza en vida só deberán tributar polo Imposto de Sucesións e nunca polo IRPF.