Xoán Antón Pérez Lema | O SANTANDER TERÁ QUE DEVOLVER 100.000 EUROS INVESTIDOS EN VALORES DO PROPIO BANCO POR UNHA SOCIEDADE A CORUÑA
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
17927
single,single-post,postid-17927,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive
 

O SANTANDER TERÁ QUE DEVOLVER 100.000 EUROS INVESTIDOS EN VALORES DO PROPIO BANCO POR UNHA SOCIEDADE A CORUÑA

blanco-y-negro-bolsa-bolsa-de-valores-102152

O SANTANDER TERÁ QUE DEVOLVER 100.000 EUROS INVESTIDOS EN VALORES DO PROPIO BANCO POR UNHA SOCIEDADE A CORUÑA

A Audiencia obrígalle tamén a indemnizar aos prexudicados en 31.500 euros pola venda de participacións preferentes de SOS-Cuétara
 
A Coruña, 27 de febreiro de 2019. O Banco de Santander deberá de devolverlles aos integrantes dunha sociedade de A Coruña os 100.000 euros que investiron na adquisición de Valores Santander. Ademais, condena a entidade a indemnizar en 31.500 euros aos prexudicados pola adquisición de participacións preferentes de SOS-Cuétara S.A.U. por valor de 150.000 euros.

Así o determina unha sentenza da Sección 3ª da Audiencia Provincial de A Coruña que confirma outra do Xulgado de Primeira Instancia número 9, contra a que o Santander presentara recurso de apelación.

No seu recurso, o Santander alegou que na subscrición de preferentes de SOS-Cuétara actuou só como mediadora, pero a Audiencia considera que a entidade, ademais de intervir como comercializadora e prestarlles asesoramento financeiro aos  investidores, participou logo no cambio das participacións preferentes por accións do grupo SOS-Cuétara, da que o propio Santander era accionista.

A entidade alegou así mesmo que o perfil dos investidores era adecuado aos produtos adquiridos, pero a sentenza sinala que tanto as participacións preferentes coma os Valores Santander comercializados eran produtos “moi complexos” e “ moito máis difíciles de comprender ca unhas simples accións”, e máis aínda tendo en conta que os integrantes da sociedade prexudicada só contrataran ata aquel momento fondos de baixo risco.

O avogado Xoán Antón Pérez-Lema, que dirixiu a demanda, explica que a indemnización polas preferentes obedece a un “grave incumprimento dos deberes legais e contractuais do banco demandado”.

Polo que se refire aos Valores Santander, a Audiencia “acolle a acción de nulidade  solicitada na demanda”. Neste caso, o fallo condena ao Banco de Santander a restituír os 100.000 euros investidos cos xuros legais desde a data da adquisición, menos os rendementos obtidos por eses produtos.