O enfoque dunha pericial en materia de psicoloxía forense (I)
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18190
post-template-default,single,single-post,postid-18190,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

O enfoque dunha pericial en materia de psicoloxía forense (I)

O enfoque dunha pericial en materia de psicoloxía forense (I)

No momento en que un profesional da psicoloxía recibe un encargo xorden dous retos contrapostos que é necesario conciliar, partindo ambos dos dous profesionais técnicos que conforman a proba. Temos por unha banda ao letrado, que trata de conseguir proba técnica acreditativa duns feitos concretos con fundamento dabondo para conseguir orientar a balanza ao seu favor en sede xudicial, e doutra banda temos ao perito psicólogo que ha de construír un ditame técnico a través dun protocolo científico creado ad hoc, de suficiente calidade técnica, pero respectando enteiramente o obxecto do encargo, a obxectividade e a súa condición de especialista na materia.

A pregunta de até onde o avogado pode influír na elaboración da pericial non dispón dunha resposta completa ben definida nin regulada pola lexislación, pero o que parece evidente é que, sen unha posta en común de ambos os profesionais respecto ao enfoque, a utilidade do ditame verase comprometida.

Sendo así, deberiamos prestar máis atención a estes primeiros pasos, posto que esta proba; ademais dun nivel de intrusión para o peritado máis ou menos importante segundo a materia a tratar; leva a asunción dun gasto para o cliente sobre o que é necesario realizar unha análise custo- beneficio o suficientemente profunda. Ten sentido que o cliente invista o seu diñeiro e o seu tempo en solicitar unha pericial? Esta é a pregunta para a que necesitamos unha resposta fundada.

Unha forma de orientar a elaboración da proba pericial é deixar claro que se espera de cada parte.

Como avogados o que debemos ter claro é o seguinte:

Que necesitamos exactamente para probar as cuestións técnicas que pomos de manifesto no procedemento?

– Cal ha de ser o obxecto do encargo, en base ás necesidades xurídicas conformadas atendendo á construción dun acervo probatorio tendente a apoiar as nosas pretensións?

Que fontes documentais ou de calquera outro tipo podemos facilitarlle ao cliente ou ao perito para iniciar a avaliación?

– Cal é a nosa disposición para atender as necesidades que lle xurdan ao profesional respectando en todo caso a súa obxectividade e imparcialidade?

– Necesitarei que o profesional se ratifique en xuízo, e no seu caso, como enfocarei o seu interrogatorio?

Todas estas cuestións son esenciais para a obtención dunha proba pericial satisfactoria, e que cumpra coas notas de utilidade, pertinencia e relevancia esixidas para a proba en sede xudicial de acordo coa nosa Lei Procesual; e aínda que ás veces a velocidade que nos require a esixencia do noso traballo diario obstaculiza esta reflexión; en todo caso cada unha delas require dun traballo previo de valoración polo avogado.

Por outra banda, trazar o que se espera do traballo do perito é aínda máis importante, posto que tratándose dunha proba técnica será o profesional concreto que haxa de ilustrar a xuíces e tribunais sobre o fundamento das pretensións das partes, e por tanto os seus coñecementos técnicos son determinantes e insubstituíbles.

Dar resposta a estas preguntas, achegar valor á área xurídica e da psicoloxía forense e achegar a realidade destas dúas profesións aos clientes, serán os obxectivos destas publicacións colaborativas. Esperamos que vos resulte proveitoso e estamos como sempre, á vosa disposición.

Carmen Breijo.
Psicólogo Forense.