Máis de 20 anos de experiencia e unha moi ampla e intensa praxe profesional avalan a nosa profesionalidade e a nosa sintonía cos desexos e requirimentos do cliente
Porque a avogacía require da axuda dos demáis profesionais da pericia e da consultoría.
Preparámonos todos os días para o futuro. Estamos listos para asumirmos novos retos.
Máis de 20 anos, con moita praxe profesional e horas de estudo.
Sempre pendentes de coñecer as necesidades e desexos dos nosos clientes.
Axustámonos ás circunstancias cambiantes e ás distintas sensibilidades dos clientes e colaboradores.
O noso traballo de asesoría, consultoría e litigación oriéntase a obxectivos estratéxicos, para acadar unha mellora continuada da situación relativa do cliente ao longo do tempo.
Falamos galego e portugués, castelán, inglés e catalán e somos quén a ler e escribir o francés.
De vocación galega e con centro de decisión na Galicia, traballamos en rede en todo o Estado e Portugal, así como na Europa toda. Garantimos os mellores profesionais colaboradores en Brasil, Arxentina, Uruguai, México e o resto da América Latina e mantemos relacións con profesionais na área do Magreb.