O BBVA deberá aboar máis de 80.000 € ao Concello de Tordoia polo cobro indebido de derivados financeiros
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18248
post-template-default,single,single-post,postid-18248,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

O BBVA deberá aboar máis de 80.000 € ao Concello de Tordoia polo cobro indebido de derivados financeiros

O BBVA deberá aboar máis de 80.000 € ao Concello de Tordoia polo cobro indebido de derivados financeiros

O Xulgado de Primeira Instancia Nº3 de Santiago de Compostela vén de condenar ao Banco Bilbao Vizcaya a reintegrar ao Concello de Tordoia a suma de 76.686,97 euros máis os debidos intereses polo cobro indebido de derivados financeiros (ao 3% anual dende o 6 de xullo de 2020). Do mesmo modo, a sentenza declara nula a cláusula 5.2 dos contratos de préstamo que o Concello subscribiu co Banco de Crédito Local, hoxe BBVA.

Nos préstamos, asinados en 2007, o Banco non informou axeitadamente ao Concello. A sentenza considera que a información foi defectuosa no tocante aos derivados financeiros implícitos, xa que nin se explicou o seu funcionamento nin os riscos asociados, como tampouco as repercusións dunha cancelación anticipada. Esta omisión de información supuxo un vicio de consentimento para o Concello. A efectos prácticos, a cancelación supuxo un xuro do 18% para o Concello despois de liquidada a débeda bancaria.

A sentenza estima así parcialmente a demanda interposta polo Concello que deu inicio a un proceso legal no que Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores exerceu a representación da Administración local. Dende o despacho, lembran que, malia o recollido no 5º apartado dos Fundamentos Xurídicos da sentenza, a acción de nulidade do derivado financeiro non está caducada por non ter transcurrido catro anos entre a presentación da demanda (7 de xullo de 2020) e a extinción da relación contractual entre o banco e o Concello, o 15 de maio do mesmo ano.

Por último, dende Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores, lembran que a sentenza cingue o efecto restitutorio ao importe da cancelación anticipada cos seus correspondentes intereses dende que se presentou a demanda, isto é, 76.686,97 euros máis intereses (o 3% anual dende xullo de 2020).