Liñas xerais e comentarios á sentenza do TXUE de 16 de xullo
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18156
post-template-default,single,single-post,postid-18156,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Liñas xerais e comentarios á sentenza do TXUE de 16 de xullo

Liñas xerais e comentarios á sentenza do TXUE de 16 de xullo

Por Ledicia Martínez Silvosa

Dita sentenza está relacionada cos gastos hipotecarios, a comisión de apertura, a prescrición e as custas xudiciais.

Principais conclusións:

1.- Se se declara a abusividade da cláusula de gastos, procede a devolución ao consumidor de todos os gastos de constitución e cancelación da hipoteca que tivese aboado en virtude desa cláusula, agás que exista unha disposición de Dereito nacional que impoña ao consumidor o pagamento de todos ou algún deses gastos. Isto deixaría fóra ao Imposto de Actos Xurídicos Documentados (IAXD).

2.- Cláusula que regula unha comisión de apertura dun préstamo hipotecario:é abusiva se a entidade non demostra que esta comisión responde a servizos efectivamente prestados, extremo cuxa comprbación incumble ao xuíz nacional.

3.- Prescrición da acción restitutoria dunha cláusula abusiva: dita acción queda sometida a prazo de prescición. En España artigo 1964.2 Código Civil (5 anos),  Pero con límites : o momento no que empeza a computarse o prazo, ou a súa duración, non poden facer imposible ou excesivamente difícil o seu exercicio por parte o consumidor. Se o prazo se computa desde a data da celebración do contrato, pode facer excesivamente difícil o seu exercicio.

4.- Custas procesaisSe se declara a nulidade da cláusula, e aínda que se estime só parcialmente a acción de restitución de cantidades pagadas en virtude desa cláusula,o banco debe facerse cargo de ditas custas. Do contrario crearíase un obstáculo significativo que pode disuadir aos consumidores de exercer o seu dereito.