Audasa, condenada a devolver o 50% do importe das peaxes a 21 demandantes por cumprimento defectuoso de contrato durante a reforma da Ponte de Rande
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18256
post-template-default,single,single-post,postid-18256,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Audasa, condenada a devolver o 50% do importe das peaxes a 21 demandantes por cumprimento defectuoso de contrato durante a reforma da Ponte de Rande

Audasa, condenada a devolver o 50% do importe das peaxes a 21 demandantes por cumprimento defectuoso de contrato durante a reforma da Ponte de Rande

Autopistas do Atlántico S.A. terá que devolver o 50% do importe da tarifa que cobrou en concepto de peaxe a 21 persoas físicas e xurídicas durante as obras da ponte de Rande (2015-2018). Así se estipula no fallo da sentenza 292/2022, de 24 de outubro, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia Nº12 da Coruña. A defensa legal das 21 entidades e persoas demandantes correu a cargo de Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores.

O xuíz considera probado que as obras efectuadas do 27 de febreiro de 2015 ao 30 de xuño de 2018 no tramo entre os enlaces de Cangas e Teis, incluída a reforma da ponte de Rande, impediron que AUDASA ofrecese un correcto servizo ás persoas usuarias da autoestrada. Para a parte demandante, isto supón un incumprimento de contrato. A sentenza recoñece especificamente que “resulta evidente e notorio” que “non se circula igual cando hai obras que cando non as hai”. Por tanto, o servizo “non se prestou en idénticas condicións ás que se presta cando non hai obras”.

O propio informe pericial achegado por AUDASA recoñece, e así o sinala a sentenza, que se adoptaron restricións na circulación normal e que se levaron a cabo accións puntuais sobre o tráfico.

A sentenza recoñece ademais, en contra do criterio de AUDASA, que as persoas demandantes non contaban con ningunha alternativa de circulación á autoestrada, toda vez que os itinerarios posibles implicaban tempos de desprazamento aínda máis lentos que a propia vía de pagamento en obras. “A concesionaria xoga coa posibilidade teórica, e real, de utilizar outra alternativa, pero, na práctica, isto é peor, aínda, que utilizar a autoestrada durante a realización das obras”, recolle a sentenza.

AUDASA pretendía extrapolar a este caso a Sentenza 228/2021, de 19 de abril, ditada pola Sección Primeira da Audiencia Provincial de Pontevedra, na que se desestimaba a demanda interposta pola Fiscalía por estas mesmas obras e afectación do tráfico como consecuencia das mesmas. Quedou descartada na sentenza a similitude entre os dous casos, xa que aínda que os feitos que orixinan as dúas demandas son os mesmos, a acción que se exercitou non o foi. A Fiscalía baseaba o seu pedimento indemnizatorio nunha práctica abusiva por parte de AUDASA, mentres que os 21 demandantes o facían baseándose nun incumprimento defectuoso do contrato por parte de AUDASA.

Devolución do 50% do cobrado

Malia que a demanda presentada en representación das persoas físicas e xurídicas afectadas polas obras reclamaba a devolución íntegra das tarifas cobradas, a sentenza decide no seu fallo aceptar que a devolución se corresponda co 50% do importe cobrado. Recoñece que a devolución íntegra dos importes pagados pola peaxe durante as obras “rompe o equilibrio das contraprestacións dos contratantes”, motivo polo que se estiman parcialmente os argumentos dos demandantes.

Na acción presentada, Xoán Antón Pérez-Lema Avogados e Consultores reclamaba que se declarase o incumprimento total ou parcial, por parte de AUDASA, das obrigas contractuais. A consecuencia sería o abono, a todos os demandantes, do importe pagado durante o tempo das obras. A base desa argumentación recóllese na regulación xeral do Código Civil sobre contratos, e concreto, no artigo 1101.

Intervención de Xoán Antón Pérez-Lema no Telexornal da TVG

Intervención de Xoán Antón Pérez-Lema no Telexornal da TVG

Malia que AUDASA tentou escudarse na súa incapacidade legal para reducir o importe da peaxe, a sentenza aclara que as tarifas fixadas teñen carácter de prezo máximo, e que existe xurisprudencia (sentenza do 19 de abril de 2021 da Audiencia Provincial de Pontevedra) que lle permitiría ter tomado esa medida.

A sentenza considera, en definitiva, que AUDASA contraveu os termos do servizo. Acepta xa que logo a rebaixa do 50% no importe a devolver por cada traxecto, xa que considera que o emprego da autoestrada durante o tempo de obras non podía resultar gratuíta en virtude do equilibrio de contraprestacións.

A sentenza non é firme e cabe recurso de apelación ante a Audiencia Provincial da Coruña.

O prazo para instar reclamacións deste tipo é de 5 anos dende o pagamento da peaxe. Por tanto, sería posible a interposición de demandas futuras por este mesmo feito durante o final das obras (entre finais do ano 2017 e febreiro do ano 2018).

Tags:
,