Xoán Antón Pérez Lema | ABERTA UNHA NOVA VÍA PARA A RECLAMACIÓN XUDICIAL FRONTE OS BANCOS
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
17486
single,single-post,postid-17486,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive
 

ABERTA UNHA NOVA VÍA PARA A RECLAMACIÓN XUDICIAL FRONTE OS BANCOS

ABERTA UNHA NOVA VÍA PARA A RECLAMACIÓN XUDICIAL FRONTE OS BANCOS

O Tribunal Supremo ven de determinar, en recente sentenza do pasado día 21 de Decembro de 2015, a responsabilidade que teñen as entidades bancarias fronte os particulares, naqueles casos en que admitiron ingresos anticipados de compradores de futura vivenda na conta dunha promotora inmobiliaria, sen esixir a preceptiva apertura dunha conta especial e a correspondente garantía ou aval polas cantidades ingresadas.
Dita obriga atopábase expresamente regulada no apartado 2º do artigo 1 da Lei 57/1968, de 27 de xullo, Reguladora das percepcións de cantidades anticipadas na construción e venta de vivenda; que a pesares de ser unha lei franquista, continuaba vixente, ata o 1 de Xaneiro de 2016, por non estar expresamente derogada e non opoñerse ó disposto en lexislacións posteriores.
No suposto sobre o que resolveu o Supremo, a particular ingresou na entidade bancaria un total de máis de 38.000 euros, en concepto de pago do prezo da compravenda dunha futura vivenda que a promotora se comprometeu a construír e entregar á compradora como máximo a comezos do ano 2007.
Ante o incumprimento por parte da empresa inmobiliaria, a compradora formulou no ano 2010 demanda por reclamación de cantidades contra a mesma así como contra a entidade bancaria, que na súa defensa alegou a falta de lexitimación pasiva por considerarse un terceiro alleo ao contrato de compravenda, sostendo ademais en canto ao fondo que tanto a constitución da conta especial como do aval correspondíalle exclusivamente á promotora.
Se ben a sentenza de primeira instancia condenou solidariamente á promotora e á a entidade de crédito á restitución das sumas anticipadas, en segunda instancia a Audiencia Provincial de Alicante absolveu a esta última; situación ante a cal a particular decidiu acceder á vía casacional.
O Tribunal Supremo rematou por estimar as pretensións da compradora, pois entende que a “responsabilidade” das entidades bancarias á que se refire o artigo 1-2ª da Lei 57/1968 descarta totalmente o seu carácter de terceiros alleos á relación entre comprador e vendedor, xa que como colaboradores activos da promotora están suxeitos á imposición legal dun especial deber de vixilancia, en referencia a que o banco ten a obriga de esixir que as cantidades que lle son ingresadas á promotora sexan depositadas nunha conta especial destinada unicamente a tal uso e diferenciada do resto de contas bancarias que teña suscritas.
Esta doutrina xurisprudencial abre unha nova posibilidade de reclamación dos particulares frontes as entidades crediticias, xa que o Tribunal Supremo dispón que as mesmas “responderán fronte aos compradores polo total das cantidades que anticipasen e tivesen ingresado nas contas que a promotora teña aberta en dita entidade”.

Ver sentenza