Abanca terá que devolver 200.250€ a dous lalinenses que anticiparon pagamentos a unha promotora que quebrou e non chegou a entregarlles as súas vivendas
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18165
post-template-default,single,single-post,postid-18165,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

Abanca terá que devolver 200.250€ a dous lalinenses que anticiparon pagamentos a unha promotora que quebrou e non chegou a entregarlles as súas vivendas

Abanca terá que devolver 200.250€ a dous lalinenses que anticiparon pagamentos a unha promotora que quebrou e non chegou a entregarlles as súas vivendas

  • Unha das sentenzas (da Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña) xa é firme e manifesta que a lei 57/68 xera obrigas non só para os promotores inmobiliarios, senón tamén para as entidades de crédito
  • A outra, ditada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Lalín, está en proceso de recurso

Abanca terá que devolver 200.250€ a un veciño e unha veciña de Lalín. Así o considera a Sección Quinta da Audiencia Provincial da Coruña e o Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº2 de Lalín. No primeiro caso, a cantidade é de 80.250€ máis xuros legais (polo que a cifra real ascende a 118.000€) e a sentenza xa é firme e no segundo, de 120.000€ máis xuros, pendente de recurso. Ambos casos estiveron ao cargo do despacho de avogados Xoán Antón Pérez-Lema.

Antecedentes

Estes lalinenses mercaron unha vivenda a unha promotora, el no 2006 e ela no 2007, polas que pagaron unha cantidade anticipada de 80.250€ e 120.000€ respectivamente. É importante subliñar que en ambos casos a entidade bancaria non presentou o aval que a lei esixía nestes casos. A promoción das vivendas, entre as que se atopaba a destes dous cliente do despacho, non chegou a finalizarse por incorrer a promotora en concurso de acredores. Cómpre resaltar que a entrega das vivendas é imposible no futuro. Ademais, sobre as vivendas pesaba unha carga hipotecaria coa entidade bancaria demandada. No 2009, a muller accede a modificar o obxecto do contrato de compravenda, de tal xeito que se cambia a vivenda a adquirir por outra da mesma promoción. No 2012, o cliente asina un documento privado polo que pasa a ocupar unha segunda vivenda da promotora en réxime de aluguer (sen pagar renda durante varios anos) pero sen ser propietario civil nin da vivenda adquirida nin desta segunda vivenda.

As sentenzas

Ambas sentenzas teñen elementos comúns. Así estiman que a lei 57/68 xera obrigas non só aos promotores inmobiliarios, tamén ás entidades de crédito. O motivo é que, sendo coñecedoras da existencia de abonos a conta para pagamento de  vivenda, non esixían ao promotor a constitución de aval.

Por outra banda, esta responsabilidade das entidades bancarias vén dada porque non son alleas á relación entre a persoa compradora e a promotora: deben colaborar activamente coa parte promotora para asegurarse de que cumpre coas súas obrigas legais (neste caso de recibir os anticipos nunha conta debidamente garantida).

É suficiente con que a entidade bancaria coñeza ou opte por ignorar que as persoas compradoras están a ingresar cantidades a conta do prezo das vivendas adquiridas para que responda por non ter esixido ao promotor a apertura dunha conta especial, separada e debidamente garantida.

No caso destes lalinenses, os conceptos aportados non deixan lugar a dúbidas, polo que a entidade bancaria permaneceu na ignorancia voluntariamente, o cal non a exime de responsabilidade.  Así, a responsabilidade de Abanca neste caso, é de 80.250€ (neste caso con sentenza firme) e de 120.000€, cantidades ingresadas na conta da promotora, cos seus xuros legais desde a data de ingreso de cada unha das cantidades anticipadas.

O periodo para presentar demandas sobre a lei 57/68 finaliza o 23 decembro.

IMPACTO EN MEDIOS (preme no nome do medio para velo):

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

TVG

El Español

Galicia Confidencial

GaliciaPress

Lindeiros