A xustiza europea dita unha esperada sentenza polos consumidores bancarios que permite declarar nulos os acordos novatorios sobre cláusulas solo
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18144
post-template-default,single,single-post,postid-18144,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

A xustiza europea dita unha esperada sentenza polos consumidores bancarios que permite declarar nulos os acordos novatorios sobre cláusulas solo

A xustiza europea dita unha esperada sentenza polos consumidores bancarios que permite declarar nulos os acordos novatorios sobre cláusulas solo

Segundo o Tribunal de Xustiza da Unión Europea (TXUE), para que estas novacións poidan ser válidas, o consumidor ten que ter prestado un consentimento LIBRE e INFORMADO. Para isto, no momento da novación, o consumidor ten que ter sido debidamente informado pola entidade bancaria, para ser plenamente consciente acerca do carácter non vinculante da cláusula e das consecuencias que iso conlevaba. Se non é así, a sinatura dese tipo de novacións ou acordos debe considerarse nula e, polo tanto, o consumidor afectado pola cláusula solo poderá iniciar as accións de reclamación pertinentes para recuperar todo o diñeiro que pagou de máis por esa cláusula abusiva na súa hipoteca.

Por outro lado, a inclusión dunha cláusula mediante a que o consumidor renuncia a exercitar accións futuras ante os tribunais, considérase nula polo  TXUE xa que o consumidor non pode comprender as consecuencias da súa adhesión a unha cláusula desa natureza polo que se refire ás controversias que poidan xurdir no futuro.

  • Máis información sobre a sentenza:

Trátase do asunto C‑452/18, que ten por obxecto unha petición de decisión prexudicial plantexada polo Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº3 de Teruel.

A petición de decisión prexudicial ten por obxecto a interpretación dos artigos 3 a 6 da Directiva 93/13/CEE do Consello, de 5 de abril de 1993, sobre as cláusulas abusivas nos contratos celebrados con consumidores, concretamente en relación coas cláusulas estipuladas nun contrato de préstamo hipotecario celebrado entre Ibercaja Banco S.A. e un prestatario consumidor.

O TXUE conclúe o seguinte:

1)      O artigo 6, apartado 1, da Directiva 93/13/CEE do Consello, de 5 de abril de 1993, sobre as cláusulas abusivas nos contratos celebrados con consumidores, debe interpretarse no sentido de que non se opón a que unha cláusula dun contrato celebrado entre un profesional e un consumidor, cuxo carácter abusivo pode ser declarado xudicialmente, poida ser obxecto dun contrato de novación entre ese profesional e ese consumidor, mediante o cal este último renuncia aos efectos que puideran derivarse da declaración do carácter abusivo desa cláusula, sempre que a renuncia proceda dun consentimento libre e informado por parte do consumidor, extremo este que corresponde comprobar ao xuíz nacional.

2)      O artigo 3, apartado 2, da Directiva 93/13 debe interpretarse no sentido de que cabe considerar que a propia cláusula dun contrato celebrado entre un profesional e un consumidor, coa fin de modificar unha cláusula potencialmente abusiva dun contrato anterior celebrado entre ambos ou de determinar as consecuencias do carácter abusivo da mesma, non foi negociada individualmente e pode, no seu caso, ser declarada abusiva.

3)      O artigo 3, apartado 1, o artigo 4, apartado 2, e o artigo 5 de la Directiva 93/13 deben interpretarse no sentido de que a esixencia de transparencia que tales disposicións impoñen a un profesional implica que, cando este celebra cun consumidor un contrato de préstamo hipotecario de tipo de interese variable e que establece unha cláusula «solo», deba situarse ao consumidor en condicións de comprender as consecuencias económicas que para el se derivan do mecanismo establecido por medio da referida cláusula «solo», en particular mediante a posta a disposición de información relativa á evolución pasada do índice a partir do cal se calcula o tipo de interese.

4)      O artigo 3, apartado 1, considerado en relación co punto 1, letra q), do anexo, e o artigo 6, apartado 1, da Directiva 93/13 deben interpretarse no sentido de que:

–        a cláusula estipulada nun contrato celebrado entre un profesional e un consumidor para a solución dunha controversia existente, mediante a que o consumidor renuncia a facer valer ante o xuíz nacional as pretensiones que tivera podido facer valer en ausencia desta cláusula, pode ser calificada como «abusiva» cando, en particular, o consumidor non puidese dispoñer da información pertinente que lle tivese permitido comprender as consecuencias xurídicas que se derivaban para el de tal cláusula;

–        a cláusula mediante a que o mesmo consumidor renuncia, no referente a controversias futuras, ás accións xudiciais baseadas nos dereitos que lle recoñece a Directiva 93/13 non vincula ao consumidor.

PODES DESCARGAR A SENTENZA COMPLETA:

SENTENCIA TJUE PACTOS NOVATORIOS SUELO