“A Xunta non garante nin o dereito á saúde pública nin o dereito fundamental á participación política da cidadanía mariñá”
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18137
post-template-default,single,single-post,postid-18137,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

“A Xunta non garante nin o dereito á saúde pública nin o dereito fundamental á participación política da cidadanía mariñá”

“A Xunta non garante nin o dereito á saúde pública nin o dereito fundamental á participación política da cidadanía mariñá”

A decisión da Xunta de pechar as bisbarras da Mariña Occidental, Mariña Central e Mariña Oriental (16 concellos e 70.000 habitantes) entre as 0.00 do luns 07.07.2020 até as 0.00 do sábado 12.07.2020 constitúe unha medida que constata a situación de excepcionalidade deste territorio cara ao exercicio do dereito ao voto dos cidadáns nas vindeiras eleccións nacionais galegas do domingo 12-X. A cidadanía mariñá está privada da súa mobilidade e, xa que logo, de moitas das posibilidades de formación da opinión cara ao exercicio do sufraxio (actos presenciais, repartos de publicidade política, xuntanzas de cidadáns e cidadás, etc.).

Mais esta decisión tamén constata que o dereito á saúde pública está a ser subordinado á vontade do Goberno da Xunta de celebrar, sexa como for, as eleccións convocadas para este vindeiro domingo. Até de agora na Galicia e no mundo mundial os periodos de corentena acadaban un mínimo de dúas semanas. Fixalos en só cinco días constitúe un risco obxectivo para a saúde da cidadanía mariñá, nomeadamente das persoas con máis riscos pola súa idade  e estado de saúde.

Ademáis, este risco para a sáude dos mariñaos e mariñás amosa a falla de condicións obxectivas para que neste territorio se poida votar o domingo 12-X. Sen campaña electoral e co medo no corpo por este abrocho a xente non está para eleccións.

Deste xeito, o Goberno galego non pode nin garantir os dereitos á saúde  e ao libre voto da cidadanía mariñá. Do peor que pode pasar nunha democracia.