A equipa
Despacho de abogados ubicado en A Coruña. Áreas de negocio: derecho administrativo, derecho concursal, derecho del consumidor, derecho mercantil, derecho penal, político y social, reclamaciones del consumidor.
despacho de abogados, áreas de negocio: derecho administrativo, derecho concursal, derecho del consumidor, derecho mercantil, derecho penal, político y social, reclamaciones del consumidor
16297
page-template,page-template-full_width,page-template-full_width-php,page,page-id-16297,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

A equipa

A nosa equipa de avogados e consultores

Coñézanos e póñase en contacto connosco.

Xoán Antón Pérez-Lema

Avogado. Socio – Director

Naceu n’A Coruña. É Licenciado en Dereito pola Universidade Pontificia Comillas ICAI-ICADE e Letrado-asesor de Empresas (programa E-1), pola devandita Universidade. Cursou o programa de doutoramento “Dereito Púbico Europeo e Autonómico” na Universidade de Santiago de Compostela. Avogado en exercicio dende 1990.
Xefe do Gabinete da Consellaría da Presidencia e Administración Pública da Xunta entre 1987 e 1990, sendo conselleiro Pablo González Mariñas. Secretario Xeral de Relacións Institucionais da Vicepresidencia da Xunta de Galicia (2007-2009), sendo Vicepresidente Anxo Quintana. Asesor Xurídico do Consello da Xuventude de Galicia (1991-1998), defendendo xudicialmente a obxectores e insubmisos até que se acadou a supresión do servizo militar obrigatorio.
Foi profesor da Escola de Práctica Xurídica do Colexio de Avogados d’A Coruña, impartindo docencia sobre “Procedemento Administrativo” e “Procedemento Contencioso-Administrativo”. Tamén foi profesor da Facultade de Ciencias Sociais da Universidade de Vigo. Imparte docencia no programa de asesoría xurídica de empresa do Instituto de Finanzas e Formación Empresarial (IFFE), na materia “Internacionalización da avogacía“.

Xoan-Anton

Susana Moreno Moreno

Responsable de administración

É Licenciada en Filosofía e Lletras pola Universidade Autónoma de Barcelona e dispón do Certificado de Aptitude Pedagóxica (CAP) do Instituto Catalán de Estudos. Titulouse no London Language Center de Barcelona en Secretaría de Dirección e en Secretaria PEMES polo OFASEM tamén Barcelona. Traballou como comercial para laboratorios farmacéuticos, aseguradoras e no sector do comercio. Dispón de ampla experiencia en administración de despachos de avogados, en departamento de administración de axencias de publicidade e en empresas de informática. Conta con un alto nivel de coñecementos en informática, ofimática, técnicas de arquivo, contabilidade e xestión de empresas.

Ledicia Martínez Silvosa

Avogada

É Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña. Preparou oposicións ao Corpo Superior da Administración da Xunta de Galicia. É especialista en Dereito do Consumo, contando cunha ampla experiencia en reclamacións por prácticas bancarias incorrectas e en procedementos arbitrais e xudiciais respecto de produtos financeiros complexos, tales como participacións preferentes, obrigas subordinadas, swaps ou cláusulas abusivas en empréstitos hipotecarios (cláusulas solo). Ten intervido, así mesmo, en reclamacións relativas á subsidiación de empréstitos hipotecarios de vivendas de protección autonómica, tanto na vía administrativa como na contencioso-administrativa.

Ledicia-M
Emilia

Emilia Pardo Porta

Avogada

É Licenciada en Dereito pola Universidade de Santiago de Compostela. Preparou oposicións ao Corpo Superior de Letrados da Xunta de Galicia e exerceu como docente de materias xurídicas na preparación de oposición aos corpos da Administración local, autonómica e estatal. É especialista en Dereito laboral e civil , contando con amplos coñecementos nestes eidos. Ten unha dilatada experiencia en litigación xudicial, tramitación de expedientes de regulación de emprego, litixios en materia de despedimentos, redaccións de cartas de despedimento, conflictos en materia de arrendamentos urbanos e reclamacións de cantidades.

Ana Belén González Fernández

Avogada

É graduada en Dereito e Administración e Dirección de Empresas pola Universidade da Coruña. En 2017 finalizou o curso de Formación Específica de Postgrado en Política Marítima Integrada da Unión Europea, coordinado polo Instituto Universitario de Estudos Europeos e a Universidade da Coruña. Posteriormente cursou o Máster de Avogacía na Universitat de Girona, e actualmente traballa como abogada en Exercicio, colexiada polo Ilustre Colexio de Avogados de A Coruña. É especialista en Dereito de Consumo, concretamente no ámbito bancario, contando cunha amplia experiencia en procedementos xudiciais respecto de produtos simples, tales como as acción, como de produtos financeiros complexos, tales como participacións preferentes, obrigas subordinadas, ou cláusulas abusivas en préstamos hipotecarios. Así mesmo, conta cunha dilatada experiencia na xestión de demandas colectivas contra entidades bancarias.</p

Carmen María Breijo García

Avogada e psicóloga forense

É Licenciada en Dereito pola Universidade da Coruña e graduada en psicoloxía pola Universidade Nacional de Educación a Distancia (UNED) . Actualmente como profesional independente, presta servizos como perito xudicial na área da psicoloxía forense, estando colexiada no Colexio Oficial de Psicólogos de Galicia con número G-6175. Na área da psicoloxía conta cunha especialización en neuropsicoloxía clínica acreditada pola Universidade Antonio de Nebrija, en violencia de xénero e intrafamiliar acreditada pola UNED e no uso de terapias de terceira xeración, certificada pola Universidade de Almería. Cursou senllos masters na Escola Europea de Dirección de Empresas, (EUDE Business School) en materia de Asesoría de Empresas, Asesoramento Xurídico e Recursos Humanos. Na área xurídica comezou a súa carreira profesional como avogada exercente aos 23 anos despois dun ano prestando servizos para o Instituto Galego de Promoción Económica. É especialista en dereito de familia, bancario, civil e mercantil contando con amplos coñecementos e experiencia nestes campos. Conta igualmente con experiencia acreditada en reclamacións por prácticas bancarias incorrectas e en procedementos arbitrais e xudiciais respecto de produtos financeiros complexos, tales como participacións preferentes, obrigacións subordinadas, swaps ou cláusulas abusivas en préstamos hipotecarios.

Borxa Colmenero Ferreiro

Avogado

Doutor en dereito (UDC) e doutor en ciencia política (USC), exerce como avogado desde 2009, especialmente, no ámbito do dereito público (administrativo, penal e constitucional). Forma parte do grupo de investigación ECRIM (UDC), imparte cursos e conferencias en diferentes institucións académicas e sociais e é autor de diversos artigos e libros no ámbito da súa especialidade.

Outros profesionais

Na equipa de Pérez-Lema Avogados e Consultores participan economistas, outros avogados (colaboradores autónomos), enxeñeiros superiores e técnicos, arquitectos superiores e outros peritos consultores.

otros-perfiles