Xoán Antón Pérez Lema | A banca está obrigada pola xustiza europea a devolver todo o cobrado por ‘cláusulas solo’
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
17574
single,single-post,postid-17574,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive
 

A banca está obrigada pola xustiza europea a devolver todo o cobrado por ‘cláusulas solo’

clausula suelo

A banca está obrigada pola xustiza europea a devolver todo o cobrado por ‘cláusulas solo’

O Tribunal de Xustiza da Unión Europea, na súa sentenza do 21 de decembro de 2016, considera que a xurisprudencia estatal (STS do 9 de maio de 2013)  que limita temporalmente os efectos restitutorios vinculados á declaración do carácter abusivo dunha cláusula contida nun contrato celebrado entre un consumidor e un profesional, oponse ao disposto no artigo 6.1 da Directiva 93/12/CEE do Consello do 5 de abril de 1993, sobre as cláusulas abusivas dos contratos celebrados con consumidores.

Dispón a sentenza no seu parágrafo 61 “A declaración xudicial do carácter abusivo de  tal cláusula debe ter como consecuencia, en principio, o restablecemento da situación de feito e de Dereito na que se atoparía o consumidor de non existir dita cláusula.” (traducido do orixinal en castelán)

Xa que logo, os consumidores afetados teñen dereito a que se lles restitúan integramente as cantidades indebidamente cobradas en aplicación dunha cláusula contractual declarada abusiva por un xuíz nacional, e iso desde a data de firma do contrato de préstamo hipotecario de que se trate.

Neste senso, este Despacho xa actúa como director xurídico da demanda colectiva presentada fronte a ABANCA en reclamación das cantidades indebidamente cobradas pola devandita entidade bancaria en aplicación da referida cláusula solo (Xulgado do Mercantil nº1 de A Coruña, autos P.O. 251/2016).

Para asuntos relacionados con outras entidades bancarias ofrecemos os nosos servizos profesionais na tramitación de demandas individuais contra as mesmas.