A Audiencia de Pontevedra confirma a decisión do Xulgado de Lalín pola que o Santander terá que devolver 360.000€ a unha muller por unhas preferentes herdadas
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18178
post-template-default,single,single-post,postid-18178,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

A Audiencia de Pontevedra confirma a decisión do Xulgado de Lalín pola que o Santander terá que devolver 360.000€ a unha muller por unhas preferentes herdadas

A Audiencia de Pontevedra confirma a decisión do Xulgado de Lalín pola que o Santander terá que devolver 360.000€ a unha muller por unhas preferentes herdadas

  • As preferentes foran mercadas en 2009, cando a entidade aínda era Banco Pastor polos proxenitores da muller, finados en 2010 e 2012, respectivamente
  • A sentenza vén de ser ratificada pola Audiencia de Pontevedra

O Xulgado de Primeira Instancia e Instrución nº1 de Lalín acorda a devolución de 295.000€ máis xuros legais, polo que a cifra final será de 360.000€  a unha muller, filla dunha lalinense que, na actualidade, atopábase en risco de exclusión social.  O caso foi levado polo despacho de avogados e consultores Xoán Antón Pérez-Lema. Dita sentenza está ratificada pola Audiencia de Pontevedra. Desde o despacho de avogados Xoán Antón Pérez-Lema din sentirse “moi satisfeitos” co resultado,  especialmente pola situación de risco de exclusión na que se atopaba a cliente.

Antecedentes

O pai desta muller, con diñeiro ganancial do matrimonio, merca preferentes no 2009 ao Banco Pastor por valor de 295.000€. Falece no 2010. No 2011, o Popular merca o Pastor. O Popular convence á cliente do despacho e á súa nai, herdeiras do pai, a canxear as preferentes en bonos subordinados que se converterán en accións en 2014. Para esa altura, a nai xa finara tamén. O Santander merca o Popular en 2017. Así, a demandante solicitaba que se declarase nulo o contrato de adquisición de preferentes do Pastor e tamén o seu posterior canxe en accións  e a súa devolución máis xuros así como o pago das custas procesuais.

A sentenza

A sentenza estima que a entidade desenvolveu a comercialización deste produto con defectuosa información. Polo que, a compra por parte do proxenitor da demandante, foi baixo un erro esencial e escusable, xa que non tiña información abondo nin capacidade suficiente para  comprender os produtos financeiros que estaban mercando.

Así, o texto da sentenza recolle que o banco non “cumpriu coa obriga de asesorar ao cliente de xeito adecuado, claro e comprensible sobre os riscos da operación concertada desde o intre no que non tivo en conta o perfil dos contratantes e non ofreceu ao demandante o produto que máis se axustaba ao seu perfil e obxectivos, senón o que máis conviña aos intereses da entidade”.

O erro esencial do pai continúa cando elas, as herdeiras, aceptan o canxe polos bonos subordinados. Elas nunca adquiren o coñecemento das características esenciais destes produtos de altísimo risco (perda de parte ou todo o investimento, subordinación aos demais acredores no cobro, etc).

IMPACTO EN MEDIOS (preme no nome do medio para velo):

Praza Pública

El Español

La Voz de Galicia

Faro de Vigo

El Progreso

GaliciaPress

El Correo Gallego

Mundiario