Xoán Antón Pérez Lema | A anulación do eólico e o capitalismo castizo
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
17519
single,single-post,postid-17519,single-format-standard,ajax_fade,page_not_loaded,,wpb-js-composer js-comp-ver-4.3.2,vc_responsive
 

A anulación do eólico e o capitalismo castizo

A anulación do eólico e o capitalismo castizo

Anxo Quintana denunciou hai pouco que a operación de acoso e derrubo contra o galeguismo transformador e pragmático que el representaba naceu da vontade dun lobby coruñés de evitar que o nacionalismo na Xunta puidese incidir na economía galega por medio da adxudicación do concurso eólico convocado na primavera do 2008. Este lobby coincidía nos seus obxectivos co PP de Feijóo e Rajoy, quen manifestaba na altura que «algo huele a podrido en la Xunta de Galicia».

O concurso eólico do goberno de coalición PSOE-BNG tardou en saír precisamente para conciliar os seus obxectivos económicos cunha sólida andamiaxe xurídica, recoñecida polas sucesivas sentenzas do
Tribunal Superior de Xustiza de Galicia (TSXG) e do Tribunal Supremo (TS) que o declararon legal.

Que obxectivos económicos perseguía este concurso eólico? En primeiro lugar, que a cidadanía galega participase nos beneficios da explotación desta enerxía, ponderando a cesión de capital nos proxectos á Xunta.
En segundo lugar, potenciar a actividade industrial do país, ao ponderar cadanscus plans industriais dos licitadores, premiando os máis intensivos en emprego, tecnoloxia e capacidade de mobilización económica.
En terceiro lugar, dentro da estrita suxeición aos principios de legalidade e igualdade de oportunidades, que a explotación dos recursos galegos ficase nas mans
de empresas galegas, rachando coa dependencia das distribuidoras eléctricas e dos grandes complexos construtores-concesionais de Madrid.
A adxudicación do nadal de 2008 alicerzouse nestes parámetros. Mais, só catro dias antes, o conselleiro de Medio Ambiente, Pachi Vázquez, pregábase aos lobbistas e ordenaba ao seu representante na comisión técnica de avaliación abandonala sen ningunha discrepancia fáctica nin xurídica. A imaxe pública do concurso ficaba danada a dous meses das eleccións galegas.
Velaí como se explica a ofensiva do PP e do lobby coruñés, abeirada tamén por sectores do PSOE e polas grandes distribuidoras eléctricas. Tratase de impedirlle ao galeguismo o protagonismo dunha transformación tan substancial como a que esta adxudicación eólica ía supoñer: 8000 postos de traballo e 5000 millóns de euros de investimento (1800 euros por residente) ao abeiro dos plans industriais que haberían desenvolver os adxudicatarios. Xusto cando apuntaba a negrura da crise.
Chegado Feijóo ao goberno, algúns persoeiros do PP e da nova Xunta dubidaron a respecto da anulación do concurso eólico. Xesús Parga, antigo alto cargo con Fraga, rexeitaba unha tal decisión, porque nos poría «ao nivel de seguranza xurídica de Tanzania». Mais a presión das grandes distribuidoras eléctricas españolas foi efectiva e Feijoo, que non dubidou en se apertar ao presidente de Iberdrola no acto da súa toma de posesión, adoptou a decisión de deixar sen efecto as adxudicacións eólicas no verán do 2009.
A deconstrución feijoniana levouse a efecto, primeiro, a medio dunha resolución do conselleiro Guerra suspendendo o trámite da adxudicación, para evitar que os seus beneficiarios adquirisen os seus dereitos. Unha decisión que xa foi declarada ilegal por sentenza do TSXG, definitiva por ter sido ratificada en xuño do 2015 polo TS. Logo seguiu a propia declaración de desestimamento dos proxectos adxudicados, ao abeiro da Lei 8/2009, aprobada para dificultar o control xudicial da anulación eólica. E despois a convocatoria dun novo concurso eólico, fracasado pola nova situación Financeira e a nova regulación enerxética. Un concurso que agora vén de ser anulado polo TSXG.

Feijóo actuou como submisa correa transmisora dos intereses do capitalismo casi im de amiguetes. Liquidou o sector eólico e impediu uns investimentos que ían crear emprego de calidade no medio da crise. 0 que resulta incríbel é que aínda haxa xente de boa fe neste país que poida acreditar nel como presidente.