25N – Todos os dereitos
Xoán Antón Pérez Lema, Avogados e consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Abogados y consultores | Xoán Antón Pérez Lema, Lawyers and Consultants
Xoán Antón Pérez Lema, avogados, consultores, abogados, lawyers, consultants, Coruña
18160
post-template-default,single,single-post,postid-18160,single-format-standard,bridge-core-2.0.5,ajax_fade,page_not_loaded,,qode-theme-ver-19.2.1,qode-theme-bridge,qode_header_in_grid,wpb-js-composer js-comp-ver-6.0.5,vc_responsive
 

25N – Todos os dereitos

25N – Todos os dereitos

Se estás nunha situación de violencia de xénero, podes chamar ao Centro de Información á Muller do teu concello ou, en caso de que non teñas un na túa contorna, aos servizos sociais. Alí, as técnicas competentes (traballadoras sociais, avogadas, psicólogas) poden orientarte.

Neste post, desde Pérez-Lema avogados e consultores queremos resumirche algúns dos teus dereitos:

Dereito á información:

  • No momento no que presentes unha denuncia tes dereito a que che suministren toda a información que precisas. Tamén cando se che notifique a resolución de adopción de medidas de protección.
  • Tes dereito a unha asistencia social integral. Que quere dicir integral? Pois aquela que abrangue o ámbito da información, do apoio psicosocial, da asistencia xurídica de balde, da atención psicolóxica, do apoio educativo e da formación e do apoio a inserción laboral.
  • Por suposto, como calquera persoa, se non dispós de recursos para financiar a túa defensa, tes dereito a un ou unha avogada de balde e tamén a un ou unha procuradora en todos os procesos administrativos que teñan relación directa ou indirecta coa túa situación de violencia.

Dereitos no ámbito do traballo segundo o Estatuto dos Traballadores:

– Tes dereito a mudar os teus horarios e organizalos doutro xeito e á reducción da xornada laboral.

– Se por mor da túa protección ou dereito á asistencia integral mencionada previamente, tes que deixar o teu traballo, tes dereito a outro da mesma categoría que a empresa teña dispoñible noutra zona.

– En relación coa suspensión e a extinción do contrato de traballo: tes dereito a que se consideren xustificadas as túas ausencias, á non suspensión do contrato por 6 meses, con dereito a desemprego e á cotización do periodo.

– Se es traballadora autónoma e precisas unha tempada para ti e así poder ter asistencia integral ou facer efectiva a súa protección, queda suspendida a túa obriga de cotizar durante 6 meses. Aínda que ti non os cotices, serán considerados como de cotización normal a efectos da Seguridade Social. Aínda que non pagues, estás de dada de alta igual.

Dereitos económicos:

– Tes dereito a recibir unha axuda de pago único se careces de renda superior, en cómputo mensual, ao 75% do salario mínimo interprofesional e sempre que se presuma que polas túas circunstancias persoais terás dificultades para obter un emprego.

– Pola túa circunstancia, estarás nun posto preferente para residencias e casas de acollida.

Tamén existen axudas e prestacións socioeconómicas específicas das que te poden informar no teu concello.